'Alegre Intermezzo' é unha agrupación músico-vocal que comeza a súa andaina no ano 1997 por iniciativa de persoas con inquedanzas musicais, relacionadas dalgún xeito coa Escola de Música Charamela de Pontedeume.
O grupo está formado por 25 voces mixtas e 8 instrumentistas (piano, frauta,violíns , viola e chelo) e está dirixido por Dona Ofelia Regueira Fernández, profesora de guitarra clásica polo Conservatorio Superior de A Coruña.
No ano 1999 constitúese en Sociedade co principal obxectivo do fomento e desenvolvemento da cultura musical e, preferentemente, da Música Sacra. Dende ese momento “Alegre Intermezzo” participa en diversos concertos e festivais:
Concursos de Panxoliñas organizados por Caixa Nova e El Corte Inglés onde por dous anos consecutivos acadaron o primeiro premio.
Grava para a TVG dúas cancións incluídas no programa “Galicia Enteira” adicado a Pontedeume.
Colaboración en Bragança (Portugal) como coro da zarzuela “La verbena de la Paloma”.
Participación nas celebracións de Santa Icía, Letras Galegas e festas patronais nas distintas parroquias da bisbarra.
No ano 2006 organiza o 'I Concerto de Outono' na Igrexa Parroquial de Pontedeume xunto con outras dúas corais.Este ano (2010) temos previsto realizar a quinta edición.
Dende estes últimos anos estamos incluídos no programa da Deputación Provincial de intercambio cultural.
Dende o ano 2006 organizamos o festival “Concerto de Outono” na igrexa parroquial de Pontedeume, contando con corais convidadas de dentro e fóra de Galicia, querendo favorecer a convivencia con outras formacións e fomentar o intercambio musical.
A base da nosa actividade é a participación en actos litúrxicos na bisbarra : vodas, misas solemnes, funerais ..
O noso repertorio abrangue aproximadamente 150 pezas de distintas épocas e estilos musicais, tanto sacros como profanos, de célebres compositores universais en polifonía clásica, panxoliñas, música popular, etc.